CRTVG

Buscar

Bos resultados na hostalería durante a ponte festiva

Publicado o 22/03/2021 15:21

Os hostaleiros fan un bo balance desta primeira fin de semana de ampliación de horarios nos seus negocios. Axudou o bo tempo e que o alivio nas restricións coincidiu coa primeira ponte festiva do ano. 

O sector fala dunha ocupación do 90 por cento en restaurantes e cheo total nas terrazas. No caso dos hoteis, cun 70 % de establecementos pechados, os que abriron tamén tiveron unha alta ocupación. 

Nas vésperas da Semana Santa, o sector está animado. Agardan traballar ao mesmo ritmo e coa mesma resposta por parte dos galegos, xa que a comunidade seguirá pechada perimetralmente.

Noticias web

22/03/2021