CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Bos Aires homenaxea os emigrantes galegos que chegaron en barco

Publicado o 20/08/2015 15:05

Bos Aires homenaxea a emigración galega cunha mostra en que se expoñen preto de 150 fotografías e documentación de barcos que achegaron milleiros de persoas ás costas arxentinas.

As vivencias dalgúns dos viaxeiros, contadas en primeira persoa, é un dos puntos fortes da proposta.

Estes barcos agochan miles de anécdotas de quenes cruzaron o océano na procura de novos horizontes.

É o caso de Elida, que viaxou na bodega do Córdoba.

Elida Rama Rey, protagonista da exposición: "Un de grande pensa... cando miña avoa se abrazaba e choraba un... non podía entender por que. Agora, unha entende".

Súa irmá, Socorro, recorda con tristeza a súa chegada a Bos Aires.

Socorro Rama Rey, protagonista da exposición:  "Non paraba de chorar porque o impacto foi moi grande, a auga marrón, o feo que era o porto...".

Pese á sensación de viaxar como material descartado, Alberto Rivas de Fisterra, segue a pensar en Galicia como a súa patria.

Alberto Rivas: "Non é unha patria por cuestión de razón, é unha patria por cuestión de sentimento".

Tangos e milongas levaron a Francisco a deixar o seu Grove natal. E agora, 60 anos despois e cunha vida chea de éxitos, ten claro onde quere estar.

Francisco Lores, emigrante: "Eu morrerei en Bos Aires, pero as miñas cinzas irán para O Grove".
Pese a todo, non esquecen o moito que lles deu a Arxentina.

Ademais da marea de recordos que achega aos que viviron en primeira persoa esa viaxe, a mostra supón unha oportunidade para os seus descendentes de coñecer os barcos, a documentación e todo o que viviron os seus familiaries para chegar á Arxentina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí