CRTVG

Buscar

Bos Aires festexa o Día de Galicia con moitas lembranzas

Publicado o 25/07/2016 12:39

Celebrárono cunha gala no emblemático Teatro Avenida de Bos Aires, coa que reviviron as noites de ouro da galeguidade nas beiras do Río da Prata

O Centro Galicia de Bos Aires volveu revivir as grandes noites de galeguidade que tiñan lugar no Teatro Avenida de capital arxentina e que continúan xeneración tras xeneración.

María e Leila, avoa e neta, son un exemplo da paixón coa que se vive Galicia en América.

Un percorrido polas catro provincias galegas ao ritmo das súas músicas e danzas. 

Esta función de gala no Teatro Avenida é o detonante para as celebracións do día de Galicia nesta quinta provincia, onde se sucederán os eventos culturais, relixiosos e como non, os almorzos para encontrarse cos veciños e brindar pola terra que levan sempre nos seus pensamentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2016