CRTVG

Buscar

Bos días

Bos Aires conta con máis dunha decena de programas de radio que achegan Galicia aos arxentinos

Publicado o 08/02/2016 09:49

Bos Aires conta con máis dunha decena de programas de radio que achegan Galicia aos arxentinos.
Un equipo da Televisión de Galicia estivo na gravación dunha destas emisións: 'Con vós', o radioshow dirixido polo galego Ramón Suárez.






Galeguidade é a palabra que mellor define o que transmite todos os sábados Ramón Suárez, máis coñecido como o Muxo, no seu programa 'Con vós', da radio arxentina.

CORTE 1: Ramón Suárez 'O Muxo' - Locutor de "Con vós".
"Estamos dedicados a difundir a cultura galega e, por suposto, a música galega porque tristemente durante moito tempo a xente pensaba que Galicia era Angelillo, el Niño de Utrera e cousas polo estilo".

A música galega é o fío condutor desta creación radial que leva preto de 20 anos achegando Galicia máis aló da colectividade e que ten moi boa acollida por parte dos ouvintes.

CORTE 2: Alberto Estévez - ouvinte de "Con vós"
"Las entrevistas son muy buenas, nos ponen al tanto de la realidad de Galicia".

CORTE 3: María D´Alessandro - Ouvinte de "Con vós"
"Cuando O Muxo lee las poesías o lee partes de libros".

O análise da actualidade política a un e outro lado do Atlántico, as entrevistas e chamadas do público en directo son outro dos atractivos deste axente difusor da cultura galega.

SAIDIÑA
Só en Bos Aires existen máis dunha decena de programas radiofónicos encargados de achegar a cultura e a actualidade da terra aos galegos da diáspora.
Entre eles, 'Galiza emigrante', 'Un canto a Galicia' e 'Galicia tierra mía'.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/02/2016