CRTVG

Buscar

Bos días

Bos Aires acolle estes días un curso destinado a mozos de orixe española que busquen emprender

Publicado o 04/04/2016 09:42

Bos Aires acolle estes días un curso destinado a mozos de orixe española que busquen emprender coa idea da internacionalización.

Unha acción formativa coa que fortalecer os lazos de colaboración bilateral entre A Arxentina e España e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Unha vintena de mozos de orixe española, na súa maioría galegos, está a participar en Bos Aires nas sesións "Emprendemento co xene da internacionalización".

Un programa ambicioso co que dotar a quenes se atopan nun periodo de transición formativa ou profesional das ferramentas precisas para definir o seu futuro laboral.

Javier Balbín, docente: "Sacar do futuro emprendedor ese xene que o anime a iniciar o longo camino do emprendemento para que un día poida dar o paso e ser un empresario".

Xerar unha rede de contactos e vinculacións que axuden a despegar ou pulir as novas empresas é outro dos obxetivos desta acción organizada pola fundación España e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

O proxecto está pensado tamén para establecer e fortalecer os vínculos comerciais e empresariais entre España e Arxentina, pero tamén como unha vía de inserción no mercado laboral arxentino de moitos españois que se teñen asentado nos úlltimos tempos no país austral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

04/04/2016