CRTVG

Buscar

Borrell manda os eurodeputados de PP e Cs a estudar por pediren unha investigación sobre a xuntanza Ábalos-Delcy Rodríguez

Publicado o 11/02/2020 21:10

O Congreso denega a petición de crear unha comisión parlamentaria

Da reunión entre Ábalos e Delcy Rodríguez non se falará no Congreso dos Deputados. O grupo socialista e os seus socios denegan a petición do PP de crear unha comisión parlamentaria. O grupo popular avanzou que irá ata o final para botar luz sobre este asunto.

A onde si chegou ese encontro entre o ministro Ábalos e a vicepresidenta de Venezuela no aeroporto de Madrid foi ao Parlamento Europeo. Alí, Ciudadanos solicitou que se tratase o tema para aclarar se España violou o veto da Unión Europea a altos cargos do goberno de Maduro. Susana Álvarez.

O vicepresidente da Comisión Europea e alto representante para as relacións exteriores, Josep Borrel, foi o encargado de abrir e pechar este debate no pleno do Parlamento Europeo, con pouca presenza
non española. Con acusacións cruzadas de falta de respecto ás institucións europeas e deslealdade, o debate rematou tras 40 minutos tensos e cheos de reproches de máis dunha ducia de relatores.

Noticias web

11/02/2020