CRTVG

Buscar

Borrell insta o Goberno cubano a "permitir" as manifestacións pacíficas e "escoitar"

Publicado o 12/07/2021 21:31
Borrell insta o Goberno cubano a "permitir" as manifestacións pacíficas e "escoitar"

Bruxelas atendeu ao que está a ocorrer en Cuba. Josep Borrell pediu ao Goberno da illa que "escoite as manifestacións de descontento", e quixo subliñar "o dereito do pobo cubano a expresar as súas opinións dunha forma pacífica". Fixo estas declaracións ao remate dun Consello de ministros de Exteriores en que non se falou "en profundidade" da situación en Cuba porque, aseguran fontes europeas, aínda sería "prematuro".

 

Noticias web

12/07/2021