Borrell defende a súa viaxe a Moscova malia a resposta rusa
O alto representante para a Política Exterior da Unión Europea dixo coñecer os riscos que asumía ao viaxar a Moscova pero defendeu a súa visita o país. Nun debate no Parlamento Europeo sobre as relacións entre Bruxelas e Rusia, asegurou que a política exterior require "estar sobre o terreo".
Segundo Josep Borrell, a viaxe tiña como obxectivo "transmitir, cara a cara, a posición da UE" en asuntos coma os dereitos humanos, as liberdades políticas e a situación de Alexéi Navalni co que non sei puido reunir. Porén, confirmou que un alto cargo da súa delegación mantivo un encontro co avogado do líder opositor.
A viaxe recibíu diversas críticas, sobre todo do Partido Popular Europeo e do Grupo dos Conservadores Europeos, por incrementar as tensións entre ambos os dous territorios. Durante a visita, Rusia expulsou tres diplomáticos comunitarios. Ademais, o ministro de Exteriores dixo en rolda de prensa que a UE non era un socio fiable e comparou a condena aos líderes independentistas cataláns coa do opositor Navalni.
Borrell costatou que "o goberno ruso está dexenerando por unha ruta autoritaira" e non semella disposto a reconducir as relacións coa UE mentres poña enriba da mesa a situación política ou problemas de dereitos humanos.