CRTVG

Buscar

Borrell advirte de que suspenderán o diálogo se os independentistas poñen "condicións imposibles"

Publicado o 05/02/2019 21:10

Josep Borrell garante que o Goberno non vai facer ningunha concesión a Cataluña fóra do marco da Constitución. Foi no Senado e en resposta á pregunta do PP sobre o diálogo cos independentistas. O ministro de Asuntos Exteriores advertiu de que haberá que suspendelo se poñen "condicións imposibles" como o dereito a autodeterminación ou a posta en liberdade dos presos do 'procés'.

"Condicións imposibles, imposibles como o recoñecemento do chamado dereito á autodeterminación que, en realidade, é un suposto e inexistente dereito á secesión e que non está recoñecido en ningunha parte do mundo, por moito que se empeñen en inventalo. Se depende diso ou depende da posta en liberade de cidadáns que se atopan en prisión preventiva por orde xudicial, nun país que ten separación de poderes, entón, haberá que suspender a terapia do ibuprofeno", asegura Josep Borrell, ministro de Asuntos Exteriores.

Noticias web

05/02/2019