CRTVG

Buscar

Borja Valle cre que o Deportivo ten, por fin, unha identidade

Publicado o 07/01/2020 16:30

Celebra Borja Valle o cambio de adestrador no Deportivo. Celebra o berciano a chegada de Fernando Vázquez. Entende que o Deportivo ten, por fin, unha identidade.

Para Borja Valle, a mellora do Deportivo con Fernando Vázquez aséntase nunha base sólida: o cambio a un sistema de maior seguridade.

Os novos aires, e sobre todo os puntos, traen certa calma a Abegondo. Pero non todo é acougo. O mercado está aberto e prevense moitas operacións. Valle non se atreve a garantir nin sequera a súa continuidade.

Por último, fai un rogo a todos, especialmente dirixido aos que se vaian: que se entreguen ata o último día pola elástica branco e azul.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020