Borja Valle chama á calma: "Levamos toda a temporada en postos de play off"
Semana inusual para o Deportivo, que esta xornada descansa pola supensión do partido ante o Reus. O vestiario do Deportivo apela á tranquilidade Son días de desconexión e tamén de análise, segundo explicou hoxe Borja Valle. O extremo recoñece que o equipo atravesa un mal momento pero cre que a valoración global da temporada debe ser boa. O Deportivo mantense en postos de play off. O vestiario fai un chamamento á traquilidade e avoga por marcar obxectivos a curto prazo.
"Os xogadores omos os culpables e temos que darlle a volta a isto pero con tranquilidade. Porque levamos todo o ano en postos de play off canda o Málaga. A temporada foi boa. Perdemos moi poucos partidos. Non hai que darlle demasiada importancia ao negativo. Hai que centrarse en obxectivos curtos porque os longos lévannos a erro."