Borja Jiménez: "Estou sendo moi partícipe en todas as decisións"
O novo adestrador do Deportivo falou na súa presentación da actualidade do conxunto herculino
Borja Jiménez foi presentado esta mañá na Coruña como novo adestrador do Deportivo da Coruña: "Fai tres anos viñemos xogar co Bouzas contra o Fabril, hoxe adestro ao primeiro equipo; estou encantado", comentaba o preparador abulense.
"Queremos devolver ao Dépor a onde merece estar, pero sabendo que vai ser moi complicado. Penso que niso o equipo transmite moita tranquilidade e está facendo as cousas con xente que coñece a categoría", declaraba Borja, "encantado" de adestrar ao conxunto herculino.
O novo adestrador falou tamén da importancia do seu papel na confección do cadro de xogadores, das novas fichaxes, e do peso que terán os canteiráns no seu equipo.