CRTVG

Buscar

Borja Jiménez e Cristóbal Parralo teñen altas expectativas para a vindeira campaña

Publicado o 20/08/2021 10:53

Falta unha semana para que comece a liga na 1ª Federación. A pregunta é case tan previsible coma a resposta. Cales son as sensacións do equipo nesta pretemporada.

"Contento pola actitude e como está traballando o equipo", comentou o adestrador do Rácing de Ferrol Cristóbal Parralo; mentres que o seu homónimo no Deportivo Borja Jiménez amosouse ledo tamén pola evolución do conxunto herculino.

Outra das cuestións importantes é a das incorporacións. Que lle falta a Deportivo e Rácing para completar o seu equipo.

"Falta un centrocampista e un banda", reclamou Parralo.

"Por fóra falamos sempre de que faltan xogadores, que para min o fútbol enténdoo con extremos de talento e aí estamos coxos", comentou contundente o adestrador do Dépor.

Porque a situación económica dos clubs, especialmente do Deportivo limita e moito as fichaxes: "Isto xa non é o que foi outros anos en canto a moitas cousas á hora de poder traer xogadores, de salario, non, non. Temos que saber onde estamos, que é unha putada, que imos saír de aquí, pero agora mesmo a situación é a que é".

Pois por esa situación o Deportivo ten que deixar saír xogadores. Os últimos Keko Gontán e Fede Cartabia, que chegaron a un acordo para a rescisión dos seus contratos. Malia as dificultades os dous técnicos confían en chegar nas mellores condicións á estrea ligueira.

"Traballamos co optimismo de chegar nas mellores condicións para o partido contra Unionistas", concluíu Parralo.

Noticias web

20/08/2021