CRTVG

Buscar

Borja Jiménez: "As limitacións de entradas en Riazor son unha faena para nós, pero hai cousas máis importantes"

Publicado o 30/09/2021 19:46

A Primeira Federación abre o venres o calendario futbolístico galego desta fin de semana. O Deportivo da Coruña recibe en Riazor ao Logroñés. Os de Borja Jiménez buscarán refacerse da derrota ante o Unionistas da xornada pasada, e que os descabalgou do liderado.

Terceiro partido na casa, onde só coñece a vitoria. Pero non poderá estar a afección ao completo, porque ata o sábado mantense aínda a acollida do 60 por cento. Con todo, Jiménez prefire ver a parte positiva da desescalada.

Noticias web

30/09/2021