Borja Jiménez apazuga o debate do futuro de Noel: "É un máis e xoga cando o míster considera"
Publicado o 08/10/2021 16:29
O futuro do canteirán Noel é o tema de moda no Deportivo. A irrupción de futbolistas da súa idade como Gavi, reabriu o debate sobre a renovación e os minutos do futbolista de Silleda no conxunto herculino.
Pero para Borja Jiménez non hai debate: "É un xogador máis e vai ter minutos porque consideramos que debía estar no primeiro equipo".
No medio do ruído polas supostas ofertas que ten o canteirán, o Dépor xoga mañá contra o Real Unión de Irún e o técnico quere pechar a polémica: "Se gañamos con gol del perfecto, se non encantados tamén".