CRTVG

Buscar

Borja Golán, subcampión de España de squash

Publicado o 09/02/2020 20:32

O santiagués Borja Golán proclamouse subcampión de España de squash. Perdeu en catro xogos a final diante de Iker Pajares, número 1 nacional (12-10, 11-4, 8-11, 11-9 en 92 minutos). Golán estaba satisfeito co seu torneo tras conseguir o seu segundo subcampionato. Lembremos que o xogador galego sumou 16 títulos de xeito consecutivo. Golán mantivo a dúbida de se sería o seu derradeiro campionato de España: "quero ir pouco a pouco e ver como me vou atopando"

Noticias web

09/02/2020