CRTVG

Buscar

Borja Golán perde ante o número dous do mundo

Publicado o 13/03/2019 18:22

Imos con Squash, estamos en Londres, alí o galego Borja Golán a piques estivo de derrotar o número 2 do mundo, o exipcio Mohamed El Shorbagy. Foi no prestixioso torneo Canary Wharf de Londres. Golán gañou a segunda manga e a piques estivo de sorprender a todo un campión do mundo. O público gozou co xogador de Ames. Con 36 anos, Borja Golán segue demostrando que está a gran nivel e que segue a ser un xogador competitivo.

Noticias web

13/03/2019