CRTVG

Buscar

Borja Golán loitará, sen presión, por volver gañar o Europeo

Publicado o 21/08/2017 21:40

Volve a competición e Borja Golán comeza co Campionato de Europa, ese que gañou o ano pasado por primeira vez ante Gaultier, o actual número un do mundo, e que este ano evita ata a hipotética final. Golán chega como terceiro cabeza de serie e sen presión.

No Europeo de Nottingham comeza un periplo que o volve levar por todo o mundo ata decembro, no Mundial de Manchester. Aos seus 34 anos, Golán domina con man de ferro en España, quince veces campión, pero segue disfrutando como o primeiro día.

De momento, o europeo. Quen sabe se, tralo domingo, se poderá repetir este recibimento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2017