CRTVG

Buscar

Borja Golán e Carlos Cornes meten España entre as oito mellores seleccións de squash

Publicado o 19/12/2019 16:44

En squash, os galegos Borja Golán e Carlos Cornes están facendo historia coa selección española no mundial por equipos que se está a disputar en Washington. España, vixente subcampioa de Europa, logrou, por primeira vez, meterse entre os oito mellores equipos do mundo.

De momento, España, con Borja Golán como xefe de filas, aínda non perdeu ningunha eliminatoria. Tras derrotar a Suráfrica, Alemaña, A Arxentina e Suíza, esta noite, en cuartos de final, medirase con Francia, unha das favoritas.

 

 

Noticias web

19/12/2019