CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Borja Golán, campión de España de squash por décimo sexta vez

Publicado o 12/02/2018 15:23

Que pasará pola cabeza dun campión nada máis revalidar un titulo intocable para o resto.
Borja Golán. 35 anos. Así gañou o seu 16º título de campión de España. Sen darlle opción ao seu rival.
A historia leva repetíndose desde o ano 2002. Un berro para soltar a presión. Que ninguén pense que é doado.

Tras o éxito, os parabéns dos máis achegados e, como non, os eloxios daqueles que ansían o seu palmarés.

Iker Pajares está sinalado como o seu sucesor. Xa está de 55 no ránking mundial, pero cando escoitou a Borja deslizar que quere prolongar a súa carreira.

Iker torceu o xesto. Polo de agora Golán non ten pensado gardar a raqueta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí