Borja Galán: "A confianza grupal non é a idónea"
Publicado o 06/11/2019 16:30
O canteirán Valín ou Borja Galán para xogar de lateral no Deportivo. Luis César traballa con estas opcións pola lesión de David Simón e a sanción de Bóveda. Galán é un lateral reconvertido, Valín foi a aposta en Gran Canaria. Galán apunta ao Elxe.
Borja Galán, R. C. Deportivo: "A confianza, tanto a persoal como a grupal, non é a idónea. Ata que cheguen os resultados e a mellora na confianza de cada un, optouse por simplificar conceptos e por facelo todo moito máis práctico".