CRTVG

Buscar

Borja Fernández agarda que o seu nome quede limpo logo das últimas revelacións do caso Oikos

Publicado o 20/05/2020 20:56

Vai facer un ano que Borja Fernandez foi detido no marco da operación Oikos, que investigaba o amaño de partidos. Pero a súa suposta participación non se sostén desde que hai poucos días se coñecesen as conversas do móbil do principal acusado, o tamén futbolista Aranda. Evidénciase que o partido Valladolid-Valencia non foi obxecto de amaño.

Borja Fernández: "Non aparece o meu nome no sumario e tampouco nesta conversa na que eles mesmos din que non se sabe o que vai pasar nese partido. Tomei un café con alguén e a policía non investigou debidamente. Detivéronme e pasei tres días no calabozo."

Nestes meses pendente da xustiza perdeu oportunidades laborais. E tamén foi proposto para presidir a AFE como alternativa a David Aganzo.

"Si que me atrae bastante a AFE pero estou centrado en que acabe o meu caso e volver ó Valladolid. Si que hai xente detrás que me pide que faga algo"

Haberá eleccións en 2021. Anunciouno Aganzo ante as presións e as acusacions de suborno.

"Ogallá sexan mentira as acusacións contra Aganzo e a súa xunta directiva pero cando de dez ou doce, seis van por un lado e seis por outro..."

Mentres, Borja Fernández agarda na súa casa da Ribeira Sacra a que o xuiz arquive definitivamente o seu caso.

Noticias web

20/05/2020