CRTVG

Buscar

Boris Johnson planea a maior campaña propagandística desde a segunda guerra mundial

Publicado o 29/07/2019 18:55

A maior campaña propagandística desde a segunda guerra mundial. É o que planea o primeiro ministro británico Boris Johnson para informar á cidadanía do seu plan para sacar o Reino Unido da Unión Europea, con ou sen acordo. Máis de 110 millóns de euros irán destinados a este fin, que outros políticos xa cualifican de vergonzosa perda de cartos. 

Novo acordo de libre comercio coa UE. É a ambición do novo primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johson, unha vez materializado o brexit. Revelouno durante a súa visita a Escocia, asegurando que iso permitiría recuperar o control dos regulamentos e tarifas do seu país. Insistiu en que o acordo de retirada da Unión Europea está morto, pero que hai marxe para facer un novo que exclúa o backstop, o mecanismo ideado para evitar unha fronteira dura no Úlster. Pero desde Bruxelas xa advirten que non renegociarán o actual acordo.

Creado o chamado Gabinete de Guerra, o seu Goberno pretende ademais aprobar un orzamento de emerxencia para a ruptura con Bruxelas. Será a maior campaña de propaganda desde a Segunda Guerra Mundial, cun investimento de máis de 110 millóns de euros. Este luns reuniuse coa principal ministra de Escocia, que xa o cualificou a campaña como unha vergonzosa perda de cartos, ademais de desbotar firmemente unha saída sen acordo da Unión Europea.

Noticias web

29/07/2019