CRTVG

Buscar

Boris Johnson non levantará a medida a pesar das negociacións con Madrid

Publicado o 28/07/2020 22:18

O primeiro ministro británico xustificou hoxe as restricións polos sinais do que Boris Johnson considera xa unha segunda vaga da enfermidade no noso país. O Goberno negouno e insistiu en que España é un destino seguro.

O Ministerio de Exteriores alemán desaconsella facer turismo en Aragón, Cataluña e Navarra. Segue o camiño de Francia, Bélxica, os Países Baixos, Finlandia ou Polonia. Tamén o dos estados bálticos, que igual que Noruega ou o Reino Unido engaden a estas recomendacións a corentena obrigatoria aos viaxeiros con orixe en España.

O premier británico, Boris Johnson, daba a entender que non levantará a medida, a pesar das negociacións con Madrid.

O Goberno afánase en fuxir dun sambenito que ameaza con arruinar o que queda de tempada turística.

O turoperador británico Jet2 cancelou este martes todos os seus paquetes turísticos ás Canarias e ás Baleares ata o 9 de agosto.

 

Noticias web

28/07/2020