Boris Johnson anuncia unha terceira dose da vacina
Publicado o 15/09/2021 08:02

O primeiro ministro británico Boris Johnson anunciou este martes un plan para tratar de evitar novas restricións durante o inverno. O plan inclúe a terceira dose da vacina para as persoas maiores de 50 anos. E non se descarta volver a algunhas medidas que se retiraron ao principio do verán e facer obrigatoria a máscara en espazos públicos, fomentar o teletraballo e esixir o certificado de vacinación para entrar en discotecas e outros eventos masivos.