CRTVG

Buscar

BorgWarner retira o ERE tras chegar a un acordo co comité de empresa

Publicado o 10/07/2020 14:48

A compañía BorgWarner Vigo retirou o ERE que propuxera para 103 traballadores despois de chegar a un acordo co comité de empresa. Ambas as partes pactaron abrir un proceso de negociación ata o mes de setembro. E os sindicatos decidiron cancelar a folga indefinida convocada para o próximo luns.

Dende a empresa din que o futuro da planta pasa por garantir a súa competitividade e poder loitar pola adxudicación de novos proxectos.

 

Noticias web

10/07/2020