CRTVG

Buscar

Bos días

'Borges en Santiago', unha mostra que rememora os escritores máis destacados do S.XX

Publicado o 27/04/2016 09:46

A escritora galego-arxentina, María Esther Vázquez, foi a responsable de que un dos escritores máis destacados do século XX, Jorge Luis Borges, se namorase de Galicia.

Unha experiencia que rememorou na conferencia 'Borges en Santiago' que acaba de presentar en Bos Aires.

María Esther Vázquez, escritora e intelectual galego-arxentina, ofreceu en Bos Aires unha conferencia sobre a única viaxe do escritor Jorge Luis Borges á capital de Galicia en 1964.

Xunto a ela, Borges coñeceu a comunidade de Tui a Fisterra, pero especialmente Santiago, nunha ruta a través dos sentidos en que o intelectual, cego por mor dunha enfermidade, percibiu o peso do tempo nos edificios composteláns a través das palabras de Vázquez e cun anfitrión de excepción: Ramón Piñeiro.

Mª Esther Vázquez, amiga de Borges: "O tempo pasaba e pasaba e Galicia tíñanos e suxeitábanos".

Aínda recorda a admiración do escritor por Rosalía.

Mª Esther Vázquez, amiga de Borges: "Rosalía de Castro salvou a literatura española do século XIX, porque sen ela non existiría".

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, guiou a conversa e valorou a pegada deste autor nos escritores galegos e no mundo.

Esta foi a pequena homenaxe de Santiago de Compostela, convidada de honra na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, a unha das figuras máis importantes da literatura arxentina, cando fai 30 anos da súa morte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

27/04/2016