CRTVG

Buscar

Boqueixón rememora a expulsión dos franceses da Ponte Ledesma

Publicado o 17/03/2019 13:16

Marchamos ata 1809. Naquel ano, a Ponte Ledesma foi escenario dunha batalla entre as tropas napoleónicas e un exército de labregos capitaneado por Benito Martínez. Unha loita en que se conseguiu, grazas ao apoio da xente do lugar, conter temporalmente o avance das tropas francesas.

Este domingo, 210 anos despois, recréase alí este episodio. Con trabucos e apeiros de labranza e, por suposto, con moita unión veciñal. Así foi como conseguiron daquela frear na Ponte Ledesma o exército de Napoleón hai máis de douscentos anos. Unha batalla que permite coñecer un pouco máis esta zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/03/2019