CRTVG

Buscar

Rebaixa das peaxes nocturnas nun 50% nas autoestradas de Carballo e Baiona

Publicado o 05/09/2019 20:11

Todos os vehículos con sistema de telepeaxe que circulen polas autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor entre as 12 da noite e as 6 da mañá terán unha bonificación do 50% por viaxe, que se suma ás que existen para ida e volta no mesmo día. A Xunta calcula que desta nova axuda vanse beneficiar 200.000 usuarios.

"Isto supón unha mellora na seguridade viaria, un mellor aproveitamento das estradas e un compromiso para seguir abaratando as peaxes máis baratas de España, que son as de titularidade da Xunta", defende o presidente.

Feijóo di que esta medida demostra que é posible bonificar as peaxes.

"Nós pensamos que o modelo galego é extrapolable ao que debe aplicarse á Autoestrada do Atlántico. Pensamos que o Goberno debe valorar a proposta do Parlamento de Galicia e da Xunta. Lamentablemente, na AP-9 non hai bonificación para os vehículos pesados", argumenta Feijóo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019