CRTVG

Buscar

Bombeiros de Santiago retiran unha ducia de niños de velutina

Publicado o 12/08/2019 13:39

Árbores, aleiros de inmobles ou patios interiores son puntos que a avespa asiática escolle como soar en que construír o niño.
Un carballo situado no barrio compostelán de San Marcos é un dos numerosos puntos con pegada de velutinas. O niño quedou neutralizado despois da inxección do insecticida pertinente, por parte dos bombeiros de Santiago.

Só o sábado pasado acabaron cunha ducia de niños situados a maioría en distintas zonas do rural ou da periferia da cidade. Entre as intervencións antivelutina, chama a atención a deste bar situado na zona vella. Tiñan un niño no patio interior que xa quedou desbaratado.

E iso é o que fan os dous operarios da gravación  nocturna que acompaña esta infomación. Foi en Beade, Vigo. Son dous bombeiros, provistos dunha lanza coa que inxectan o veleno no niño. O niño rachou pola parte inferior e as avésporas caeron mortas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019