CRTVG

Buscar

Quédalle atascado un anel erótico no pene e precisa dos bombeiros para quitalo

Publicado o 08/08/2017 13:27

Os bombeiros tiveron que empregar unha radial pequena coa que se poden facer traballos de moita precisión

Os bombeiros de Ferrol tiveron que acudir ao Hospital Arquitecto Marcide para cortar un anel erótico que quedara atascado no pene dun home. Para facelo utlizaron unha radial pequena coa que se poden facer traballos de moita precisión.

Nas tendas eróticas a oferta de aneis é variada. Hainos de diferentes tamaños e cores e custan entre 3 e 15 euros. Os elásticos son máis versátiles pero o anel en cuestión, o metálico, ten o seu aquel. Para empezar o tempo de uso non é ilimitado.

Os profesionais din que para usalo é conveniente pasar antes polos elásticos. O domingo de madrugada, o xogo acabou no Hospital Arquitecto Marcide e, o peor, cos médicos sen saber como afrontar o asunto nin que ferramentas utilizar. Os bombeiros de Ferrol acudiron ao quirófano cunha radial semellante a esta, pequena e de corte moi preciso. O lume, finalmente, foi sufocado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2017