CRTVG

Buscar

Crese que a agresión a un bombeiro vigués en Madrid foi por confusión

Publicado o 21/10/2019 08:44

Agresión a un bombeiro vigués, en Madrid, Miguel Ucles, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos, participou nunha manifestación na capital, con outros compañeiros de todo o Estado.
Ucles é enlace sindical da CIG e cre que o confundiron cun independentista catalán pola roupa e mais a bandeiras que levaba.

Recibiu unha malleira por parte de varios agresores que identificou como pronazis. Atacárono polas costas, recibiu puñadas, patadas e insultos. O bombeiro de Vigo continúa co seu traballo e asegura que foi máis o dano moral ca o físico. Denuncióu a agresión para evitar que ataques así queden impunes.

Noticias web

21/10/2019