CRTVG

Buscar

Bolsonaro anuncia unha reforma con recortes nos dereitos laborais

Publicado o 04/01/2019 13:28

O Goberno de Bolsonaro anuncia así o que moitos medios internacionais denoniman xa unha purga ideolóxica.

Bolsonaro desfaise dos cargos de confianza contratados polos seus predecesores. Primeiro anuncio tras un Consello de Ministros en que tamén foron polémicas as palabras da nova ministra da Muller, unha pastora evanxélica que anuncia unha nova era en que as nenas vestirán de rosa, unha metáfora, explicou do que o goberno da ultradereita denonomina "ideoloxía de xénero".

Tamén no primeiro día, o Goberno despoxa a Fundación Nacional do Indio do seu labor de delimitación das reservas indíxenas, onde hai novos proxectos de agricultura industrial. E máis aínda. Só unhas horas despois, Bolsonaro afirma en televisión que os dereitos dos traballadores "son excesivos" e hai que recortalos.

"Dereitos en exceso", afirma Bolsonaro, con cargas laborais que segundo el "molestan a todos no Brasil". E engade que "disuaden as empresarios". O seu gurú para a economía anunciou xa privatizacións por valor de 7.000 millóns para adelgazar o sector público e un atraso na idade de xubilación.

Noticias web

04/01/2019