CRTVG

Buscar

Bolsonaro advirte que os incendios no Amazonas non poden ser pretexto para sancións internacionais

Publicado o 24/08/2019 11:56

Entre os asuntos a tratar neste cumio figuran os incendios que está a sufrir a Amazonía. Nas últimas horas milleiros de persoas saíron ás rúas en Latinoamérica e en Europa para demandar a protección desta selva, pulmón principal do planeta, e protestar contra as políticas medioambientais do presidente do Brasil, Jair Bolsonaro. Bolsonaro dixo que os lumes están dentro da media habitual e que non poden ser pretexto para sancións internacionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019