CRTVG

Buscar

Bolivia envía un alto representante diplomático a España para rebaixar a tensión

Publicado o 01/01/2020 17:31
Bolivia envía un alto representante diplomático a España para rebaixar a tensión

O Goberno interino de Bolivia rebaixa a tensión con España tras manter unha reunión con representantes da Unión Europea, Alemaña, Francia e Dinamarca. Enviará un alto representante a Madrid para superar o conflito derivado do incidente na residencia da embaixadora mexicana.

A Unión Europea pediulle explicacións pola expulsión dos diplomáticos españois. Bolivia mantén que intentaban axudar a saír do país a ex-ministros de Evo Morales refuxiados na legación mexicana, pero comprométese a dar a información adicional que lles requiran sobre o incidente.

Noticias web

01/01/2020