CRTVG

Buscar

Bolivia celebra eleccións xerais co candidato afín a Evo Morales como favorito na enquisas

Publicado o 18/10/2020 21:04

Bolivia vota este domingo en primera volta. É o primeiro país suramericano que celebra eleccións xerais en tempos de pandemia, tras aprazalas desde maio pola emerxencia sanitaria.

Estes comicios son históricos tamén por ser os primeiros en 18 anos que non teñen como candidato a Evo Morales, que está na Arxentina, despois de fuxir do país tras a crise de hai un ano, cando se anulou o resultado da votación en medio de denuncias por fraude.

O partido de Morales, o Movimiento al Socialismo, con Luis Arce como candidato, parte como favorito. O segundo nas enquisas é o candidato centrista de Comunidad Ciudadana, o que fora presidente do ano 2003 a 2005, Carlos Mesa.

Noticias web

18/10/2020