CRTVG

Buscar

Bolivia celebra as eleccións presidenciais pendentes desde hai un ano

Publicado o 18/10/2020 10:14

Os bolivianos acoden ás urnas para elixir ao novo presidente, vicepresidente, senadores e deputados para os próximos cinco anos, entre seis forzas políticas. Tres misións de observadores electorais en Bolivia aproban a decisión do órgano electoral boliviano, que vai prescindir do sistema de difusión de resultados preliminares. Deste xeito, segundo o presidnete do Tribunal Supremo Electoral, Salvador Romero, non se creará incertidume á poboación e só traballarán con resultados oficiais.

Os candidatos á presidencia son Luis Arce, do Movemento ao Socialismo (MAS), Carlos Mesa, de Comunidade Cidadán, os dous con maiores posibilidades de victoria, e  Luis Fernando Camacho, da Alianza Creemos, María Bayá, de ADN, Feliciano Mamani, de ANB e Chi Hyung Chung do Frente para a Victoria.

Noticias web

18/10/2020