CRTVG

Buscar

Bolaños reunirase en dez días cos voceiros parlamentarios para pedir apoios á renovación do CXPX

Publicado o 09/09/2021 16:03

O Goberno púxolle data á negociación para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Será na semana do 20 de setembro. Anunciouno no Congreso o ministro da Presidencia. Félix Bolaños chamará os voceiros dos grupos parlamentarios. Xa anunciou que lles pedirá "sentido de Estado" para rematar cunha etapa que cualificou de "precariedade institucional", e cumprir co mandato da Constitución. "A situación de anormalidade e de precariedade institucional non se pode manter por máis tempo. Quero invitalos a substituír esa anormalidade institucional polo cumprimento da lei, substituír o bloqueo polo consenso".

O líder da oposición, Pablo Casado,  confirmou que o Partido Popular está disposto a chegar a un pacto nesa renovación. E sinalou a  Pedro Sánchez como o responsable do bloqueo.

 

Noticias web

09/09/2021