CRTVG

Buscar

Boiro e Emevé pelexan por unha praza nos 'playoff'

Publicado o 12/03/2021 19:21

O pavillón da Cachada acolle o final da liga regular co derbi entre o Rotogal de Boiro e o Emevé de Lugo. Duelo que vai decidir que equipo galego se mete no 'playoff' polo título. O cadro da Barbanza sorprendeu os lugueses na primeira volta e valeulle para xogar a Copa. Boiro leva unha campaña espectacular e supera nun punto o Emevé, que esta mesma semana asegurou a permanencia na Superliga. Máis que buscar o desquite, os lugueses queren recuperar a oportunidade que lles quitou a Covid a temporada pasada.

Noticias web

12/03/2021