Boiro e As Pontes, dous dos concellos cunha evolución máis preocupante en Galicia
Publicado o 15/12/2020 15:02
A situación sanitaria en Boiro e nas Pontes non mostra signos de mellora. A pesar de levar xa dúas semanas coas máximas restricións as cifras de novos contaxios continúan á alza.
En Boiro nos últimos 14 días contabilizáronse 227 casos e nas Pontes as cifras sitúanse por enrriba dos 110 casos, algo que gran parte dos veciños asocian á irresponsabilidade.
Pola súa banda, o sector da hostalaría e o comercio enfrontánse a unha situación moi complicada co Nadal á volta da esquina.
En ambos lugares agardan reducir pronto o número de contaxios e eles mesmos apelan á irresponsabilidade individual e familiar de cara ás datas festivas.