Boicotean un radar fixo situado na estrada OU-540 á altura do concello ourensán de Barbadás
Así tapado cun cartón e con esta pintada deixaron o radar fixo intalado na OU-540, á altura da localidade de Bentraces, no concello ourensán de Barbadás. E así estivo varias horas boicoteado, ata que a Garda Civil acudiu ao lugar para comprobar o corrido. Os veciños lamentan o acto vandálico.
Por agora, non se sabe nada do autor ou autores do boicot e a Garda Civil xa abriu unha investigación para dar con eles. Os veciños din que o radar é moi necesario nesta estrada que atravesa a aldea porque aseguran que os coches exceden a velocidade e xa houbo un atropelo mortal e varios accidentes neste punto. E o radar axuda, din, a mellorar a seguridade viaria.
O autor ou autores desta sabotaxe enfrontaríanse a un delito de danos e contra o erario público. E terrían que aboar tamén á DXT a cantidade das infraccións que se non se puideron contabilizar ao estar a cámara tapada.