Bochorno en Galicia antes da chegada da chuvia
Publicado o 06/09/2021 20:40

Altas temperaturas e sensación de moito bochorno hoxe en Galicia. Nas Rías baixas as máximas achegáronse aos 30 graos.
Foron moitos os que quixeron aproveitar esta xornada para ir á praia antes de que chegue a chuvia que nos acompañará o resto da semana.