CRTVG

Buscar

Boborás recrea a batalla contra as tropas de Napoleón

Publicado o 13/07/2019 16:45

Conta a historia que uns 300 veciños de Pazos de Arenteiro liderados por Bernardo González "Cahamuíña" conseguiron a fazaña de expulsar a un milleiro de soldados napoléónicos

A vila medieval viaxa no tempo ata principios do século XIX e, na decoración, o vestiario e toda a recreación participan máis de 100 veciños de Boborás, do Carballiño e tamén de Pontevedra e A Coruña. Aquí non falta o bo humor e cada un ten o seu labor e o seu papel na derrota dos franceses.

Durante dous días de festa conmemoran a batalla do 2 de marzo de 1809 cando o pobo unido, resistiu tres días armados con sachos e fouces e venceron os fusís dos franceses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019