CRTVG

Buscar

Boborás celebra por primeira vez o Campionato de España de Mushing Terra

Publicado o 07/12/2019 19:54

289 deportistas de 11 comunidades autónomas e preto de 500 cans participan desde primiera hora da mañá nas probas do Campionato de España de Mushing Terra, que se celebra esta fin de semana por primeira vez no concello ourensán de Boborás.

O campionato dispútase nas modalidades de carros tirados por varios cans, patín, bicicleta ou canicross. Un circuto esixente que lle dá emoción ás carreiras.

Moito ambiente neste evento deportivo que atrae a centros de afeccionados ao municipio ourensán.

Un deporte que goza, din, de moi boa saúde en Galicia, e a organización aspira tamén a ter en Boborás un campionato europeo.

Noticias web

07/12/2019