Bob Dylan fai hoxe 80 anos
Publicado o 24/05/2021 20:06

O músico, cantautor, Premio Nobel e poeta estadounidense Bob Dylan fai hoxe 80 anos. Chega a esta década con 39 discos e 125 millóns de copias vendidas. E, sobre todo, chega cunha enerxía incombustible; o 'xenio de Minnesota' leva anos inmerso nunha xira interminable que só se viu interrompida pola pandemia.
Dylan é unha das figuras máis relevantes da cultura universal e, 80 anos despois, segue sendo tamén unha lenda viva do folk rock.