CRTVG

Buscar

Bob Dylan, acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos en 1965

Publicado o 17/08/2021 12:52
Bob Dylan, acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos en 1965
EP

Bob Dylan foi acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos durante un período de seis semanas en 1965. A demanda foi presentada na Corte Suprema de Manhattan (Nova York) e denuncia que o cantautor, cuxo nomee real é Robert Allen Zimmerman, supostamente enganou a menor con drogas e alcol, establecendo unha relación co propósito de abusar sexualmente da nena,  a que só se lle fai refencia como J. C. e á que tamén ameazaría fisicamente.

"Dylan explotou a súa condición de músico preparando a J. C. para gañar a súa confianza e obter o control sobre ela como parte do seu plan para asaltar e abusar sexualmente de J. C.", sinala a demanda, que alega que os abusos tiveron lugar durante un período de seis semanas entre abril e maio de 1965, o mesmo ano en que Dylan publicou o seu quinto álbum, 'Bringing It All Back Home'.

Estes abusos, cometido sobre a presunta vítima, unha muller na actualidade de 68 anos da localidade de Greenwich (Connecticut), ocorreron "varias veces" e en ocasións tiveron lugar no apartamento que tiña Dylan no famoso Hotel Chelsea, sinala a demanda, que tamén subliña que eses abusos causaron danos emocionais e psicolóxicos a J. C., que se atopaba deprimida, anoxada e ansiosa e que ata o día de hoxe sofre problemas relacionados con estes feitos.

Un representante de Dylan, de 81 anos, negou as acusacións. "A afirmación é falsa e será defendida enerxicamente", dixo Larry Jenkins nun comunicado a Billboard. 

Noticias web

17/08/2021