CRTVG

Buscar

Boas previsións de ocupación nos balnearios galegos para os festivos de Semana Santa

Publicado o 17/04/2019 19:34

A Semana Santa é unha das mellores épocas do ano para os balnearios, e estes días os establecementos de Galicia están cheos. Nos de Ourense, a ocupación está hoxe ao 90% e contan con rozar o cen por cento a fin de semana. Descanso e tranquilidade é o que buscan as persoas que elixen pasar estes días festivos gozando dos beneficios das augas mineromedicinais. 

Comezan a chegar os primeiros turistas aos balnearios hoteis da provincia de Ourense. A partir do xoves pola tarde esperan estar prácticamente completos.

Veñen en parella, en familia, ou en grupos de amigos, que buscan sobre todo descanso e relaxación, complementado con actividades e visitas culturais.

O turismo termal atrae a Ourense sobre todo visitantes do resto de Galicia, do norte da Península e de Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019