CRTVG

Buscar

Boas perspectivas para a campaña do choco

Publicado o 01/03/2021 21:21

Este luns poxáronse máis de 1.500 quilos de choco na rula de Cambados con prezos que oscilaron entre os 5,40 e os 8,95 euros/kg. As cantidades flutúan, pero por riba de 5 euros en lonxa o valor xa é bo para o sector, aínda que, no que levamos de ano, a cotización do choco sexa, en xeral, un chisco máis baixa que en 2020.

O sector está satisfeito coas cantidades nestas primeiras semanas da campaña do trasmallo, a pesar da sucesión de temporais en xaneiro e febreiro. O Grove vendeu máis de 17 toneladas, case 28 en Vigo, en Ribeira chegaron aos 33.500 quilos e en Cambados, a lonxa de referencia, van por 49.000.

É difícil comparar este 2021 con calquera outro pola situación atípica en que viven todos os sectores, pero neste comezo do ano as lonxas galegas xa venderon 190 toneladas de choco, catro máis ca no mesmo período do ano pasado.

Noticias web

01/03/2021