CRTVG

Buscar

Boa parte de Europa viuse afectada pola caída das redes Facebook, WhatsApp e Instagram

Publicado o 28/07/2020 15:30

Facebook, WhatsApp e Instagram deixaron de funcionar este martes sobre as 13:30 horas. Tanto o servizo de mensaxería instantánea como as redes sociais da compañía de Mark Zuckerberg empezaron a dar problemas de actualización e non permiten enviar nin recibir mensaxes, compartir fotos ou enviar audios.

Os problemas afectaron parte de Europa, tal como apuntan as webs que se dedican a controlar a situación das diferentes redes sociais, afectando principalmente a Península.

Barcelona, Madrid, Valencia e Málaga son as cidades máis afectadas, e tamén Galicia tivo problemas.

O último episodio similar viviuse este xullo, pero tamén houbo casos en abril, marzo, novembro e setembro.

Coma cada vez que os internautas teñen problemas con estas aplicacións, lanzáronse a Twitter a compartir memes e comenarios da caída: