Boa imaxe do Ensino, malia perder ante o Xirona por 74-89
Publicado o 15/02/2021 13:19
O Durán Maquinaria Ensino ofreceu unha excelente imaxe co Xirona malia caer por quince puntos. Un partido cheo de alternativas que decidiu a maior calidade das xerundenses no último cuarto. Vega Gimeno foi a máxima anotadora do encontro con vinte puntos. A viguesa Maria Araújo asinou seis puntos para o Xirona.
Na próxima xornada, Durán Ensino recibe a Cadi La Seu que tamén ten once vitorias.